
Participantes
Poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos que o desexen, sen restrición de nacionalidade ou lugar de residencia.
Premios
- Premios á mellor linguaxe visual e mellor comunicación audivisional Araceli Herrero: 300 € e diploma
- Premio Isidro Novo á mellor linguaxe literaria: 300 € e diploma
- Premio do público: 100 € e diploma
Titorías
Coa vontade de proporcionar ferramentas e fomentar o coñecemento, o Certame pon a disposición das persoas participantes a posibilidade de manter unha titoría en liña, o 13 de outubro ás 20.00 h, cunha duración de 60 minutos. Para poder asistir a esta titoría é preciso enviar un correo-e a cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal) co asunto: Titoría.
Envío da peza de videocreación
A peza de videocreación enviarase entre o 5 e o 7 de novembro. Poderase enviar unha ligazón a calquera plataforma audiovisual, sempre e cando a peza participante sexa descargable e non estea en aberto, garantindo que a no momento da súa proxección sexa inédita. Poderase tamén enviar a peza a través de Wetransfer ao mesmo correo-e: cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal)
Bases do certame
Consulta as bases do certame para máis información.
INSCRICIÓN
A inscrición pode realizarse ata o 30 de outubro de 2025, cubrindo este formulario. Logo de cubrir o formulario, as persoas participantes deberán enviar un correo-e a cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal) co DNI escaneado e Certificado da conta bancaria na que desexen recibir o premio.