A terceira edición do programa Faíscas Culturais profunda, con aulas abertas e sesións, na exploración de como a "ansiedade climática" está a calar nas investigacións de artistas 'millenial' de Galicia e do norte de Portugal

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural.
Baixo o título 'Un rastro de furia e algas. Reflexións sobre o futuro do planeta Terra', a terceira edición do programa afonda na exploración de como a "ansiedade climática" está a calar nas investigacións de artistas 'millenial' de Galicia e do norte de Portugal en aulas abertas e conversas que percorren varios dos centros da USC e se complementan cunha exposición itinerante coordinada por Federico López Silvestre.
O 29 de novembro ás 16.30 horas, na Facultade de Psicoloxía, alumnas implicadas na acción desenvolverán un formato "concurso" con píldoras de información para que as persoas participantes aprendan conceptos da psicoloxía ambiental ao tempo que o pasan ben.