26.02.2024 | 20.00h-21.00h
Biblioteca Provincial de Lugo

A área de Cultura da USC no Campus de Lugo promove o programa 'Maratón Fotográfico', que está organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, no que participan con financiamento USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.
O 26 de febreiro ás 20.00 horas clausúrase na Biblioteca Provincial de Lugo a exposición do 'XXIX Maratón Fotográfico' e aproveitarase para presentar e agasallar as persoas asistentes cun calendario de mesa que recolle os 12 traballos elixidos neste ano para formar parte del.