Concerto de clausura deste ciclo organizado por Compostela Cultura que conta coa colaboración da USC

A USC colabora un ano máis con Compostela Cultura no ciclo 'De lugares e órganos. Músicas e outras paisaxes de Compostela', unha iniciativa que busca difundir e celebrar a riqueza organística de Santiago de Compostela.
Na súa oitava edición, o programa inclúe dous concertos que nos permitirán escoitar o órgano da Igrexa da Universidade. Tras o recital Matinés 20 que Marta López ofrecerá o xoves 6 de abril, o sábado día 8 é lugar para o programa 'Cando sopra o vento. Música para órgano e quinteto de vento'.
Ás 20.00 horas a Igrexa da Compañía reúne a Alejandra Escolante, unha das máis prezadas organistas do panorama musical galego, cos membros do Quinteto InVento, un grupo de música de cámara integrado por Adrián Castedo Alonso, no clarinete, Sara Fernández Precedo, ao óboe, Óscar Galán Adega, no fagot, Patricia González Moreira, á frauta, e Alma Sarasola Pontón, na trompa. O son brillante dos ventos unirase as múltiples sonoridades do órgano de tubos percutido por Alejandra Escolante Mujico nun variado programa con obras de Cabezón, Arauxo, Olagüe, Bach, Haendel, Milhaud e Tomás Luis de Victoria, entre outros.
O recital é de acceso libre previa recollida de entradas na Zona C ou na páxina web de Compostela Cultura.