20.12.2023 | 19.30h-21.30h
Interpretaranse pezas de música clásica

A Asociación Peregrinos Musicales organiza o concerto 'Arte de Piano' no que alumnado da profesora Ilona Timchenko interpretará obras ao piano dos compositores Scarlatti, Tchaikovsky, Beethoven, Bach, Chopin e Mendelssohn, entre outras.
O evento terá lugar no Paraninfo da Universidade, o mércores 20 de decembro a partir das 19.30 horas. A entrada é de balde e de acceso libre ata completarse a capacidade do Paraninfo.
