14.03.2024 | 19.45h-20.45h
Concerto de guitarra, canto e frauta, organizado polo Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela

O Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, presenta do 14 ao 22 de marzo un novo ciclo no que o alumnado do centro achegará propostas encadradas nos diferentes departamentos musicais.
O primeiro dos recitais terá lugar o xoves 14 ás 19.45 horas no Paraninfo da Universidade e ofrecerá un programa para guitarra, canto e frauta. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.