Ir o contido principal

Concerto do CMUS

22.04.2024 | 19.45h

Santiago de Compostela
Paraninfo da Universidade

Actuarán Acordachelos de Compostela, un quinteto de vento e un sexteto de metais do CMUS

Detalle do cartel
Detalle do cartel

O Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, presenta do 22 ao 29 de abril un novo ciclo no que o alumnado achegará propostas encadradas no departamento de conxunto e cámara.

O primeiro recital terá lugar o luns 22 de abril ás 19.45 horas no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia e nel actuarán Acordachelos de Compostela, un quinteto de vento e un sexteto de metais. O acceso é de balde e libre ata completar a capacidade da sala.

Programa do concerto do 22 de abril
Programa do concerto do 22 de abril
Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.04.2024.