29.04.2024 | 19.45h
Actuarán un dúo de frauta e piano, un dúo de cello e piano, un dúo de tenor e piano, unha orquestra de guitarras e un ensemble de saxofóns do CMUS

O Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, presenta do 22 ao 29 de abril un novo ciclo no que o alumnado achegará propostas encadradas no departamento de conxunto e cámara.
O último recital terá lugar o luns 29 de abril ás 19.45 horas no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia e nel actuarán un dúo de frauta e piano, un dúo de cello e piano, un dúo de tenor e piano, unha orquestra de guitarras e un ensemble de saxofóns. O acceso é de balde e libre ata completar a capacidade da sala.
