Ir o contido principal

Músicas a carón da Mosqueira

Concerto de Diego Casado (marimba)

4/12/2023 - 20.30 horas

Campus de Lugo
Casa do Saber

Diego Casado, marimba, actuará no ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’

Cartel do ciclo Músicas a carón da Mosqueira
Cartel do ciclo Músicas a carón da Mosqueira

Diego Casado, marimba, actuará no ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’, incluído na programación organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo. O concerto é o luns 1 de decembro ás 20.30 horas, na Casa do Saber do campus de Lugo, e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

O xoven percusionista afianzouse no panorama musical europeo. Foi membro de multitude de xóvenes orquestras, e tocou como solista e en orquestra en importantes auditorios. Obtivo numerosos galardóns.

Tras rematar os seus estudos superiores na escola Codarts School of Arts de Rotterdam en 2019, trasládase a Stuttgart, onde traballa como profesor de percusión, ao mesmo tempo que completou un Máster de perfeccionamento. Actualmente cursa un segundo Máster en Música Contemporánea.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.11.2023.