Ir o contido principal

Concerto de EQX

27.04.2023 | 21.30h

Carballeira da Biblioteca Intercentros
Lugo

A actuación de formación á que dan vida un produtor bonaerense e unha cantante galega abre o prorama 'Ao pé do Carballo', promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural

Cartel do concerto de EQX
Cartel do concerto de EQX

O dúo EQX , abreviatura de Equidade, ao que dan vida un produtor bonaerense e unha cantante galega, abre este xoves, a partir das 21.30 horas, na carballeira da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, o programa 'Ao pé do carballo', un novo proxecto artístico promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, un programa xestionado pola USC e que tamén conta con financiamento do Concello de Lugo e da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

EQX nace coa intención de mergullarse na innovación, deixar ao carón a narrativa musical actual e dar paso á experimentación. Os seus sons poden definirse como unha mestura de avant-pop, jungle, breakbeat e ritmos acelerados que convidan o baile.

A súa posta en escena, está acompañada do artista Martiño Porto, que como parte do grupo, é responsable da súa identidade visual e dirixiu e realizou o vídeo do seu track Lois. Colabora tamén nesta acción Telé-Clube festa de Aniversario.

EQX SO:AN
Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.04.2023.