Campus de Lugo
Programa incluído na programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural

O ciclo 'Os 15 sons creativos', un programa incluído na programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, ofrece o sábado 28 un concerto do Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago (GCSUS) e do alumnado do taller de Creación sonora, que inclúe 'Donde habito', proposta sonora, composta de 3 partes ('A mañá', 'A tarde' e 'A noite'), a partir da poesía de Ana Rocha e o seu poemario 'Donde habitas'.
Tendo en conta o labor do Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago (GCMUS) e a música experimental no campus, artellouse no seu momento este ciclo que cada vez resulta máis integrador coa cidade e que presenta a vangarda na música contemporánea que se interrelaciona máis con outras artes como a videocreación e a performance.
Será ás 20.30 horas na Casa do Saber do campus de Lugo.
