Ir o contido principal

Outono cultural

Concerto de Hydn e Mondra

18.10.2023 | 21.00h

As entradas, un máximo de dúas por persoa, pódense recoller de balde o mesmo día do concerto a partir das 19.30 horas

Hydn e Mondra
Hydn e Mondra

Hydn e Mondra chegan ao Outono Cultural da USC. O concerto está programado para o mércores 18 de outubro ás 21.00 horas na Igrexa da Universidade,. As entradas poderanse recoller de balde o día do concerto a partir das 19.30 horas na entrada do recinto, cun máximo de dúas por persoa. O acceso ao concerto farase a partir das 20.45 horas.

Sandra Guedev, coñecida artísticamente como Hydn, naceu en Cee en 1994 e o seu primeiro EP, BaddeR, wicKed, está formado por sete cancións. 

Martín Mondragón, máis coñecido como Mondra, naceu en Teo. O seu primeiro álbum, ARDĒN, presenta unha experiencia musical, visual e performativa, en diálogo coa música tradicional galega. "Unha proposta electrónica, luminosa e reflexiva que celebra e reivindica, que coida e berra, e que abre a porta a unha terra diversa chea de liberdade, afectos e empoderamento", explica.

 

BaddeR, wicKed
Mondra & AIDA & Berto - RUANDO (Crónicas d'ARDĒN - CAP. II)
Cartel do evento
Cartel do evento
Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.10.2023.