14.04.2024 | 19.30h-21.00h
Teatro Principal
A Orquestra e o Coro da Universidade ofrecen o seu concerto de Primavera

A Orquestra e o Coro da Universidade ofrecen o domingo 14 de abril ás 19.30 horas no Teatro Principal o seu concerto de Primavera. A entrada é aberta e de balde.
O programa musical inclúe as pezas 'Oblivion' de A. Piazzolla, 'Ave Verum Corpus' de W. A. Mozart, 'Lela' de R. Mato (letra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao), 'Os teus Ollos' de Xosé Castro 'Chané' (letra de Curros Enríquez) e 'Piñeiros de Roma' de O. Respighi.