Ir o contido principal

Debate 'My home is my workplace. As catro notas do traballo asalariado en A burra, a mesa e o pau'

19.03.2025 | 09.00h

Santiago de Compostela
9h Salón de Actos / 10h Seminario de Historia

O programa de Faíscas Culturais 'Moito pau e pouca cenoria' xira arredor da peza 'A burra, a mesa e o pau', do Centro Dramático Galego, unha proposta escénica que se achega ao mundo do traballo, á violencia do traballo e ao traballo que invade o ámbito dos fogares

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

O 19 de marzo na Facultade de Dereito, ás 9.00 horas no Salón de Actos e ás 10.00 horas no Seminario de Historia, o estudantado da materia 'Dereito do traballo' da Facultade de Dereito, dirixido por José María Miranda Boto, discutirá sobre 'My home is my castle workplace. As catro notas do traballo asalariado en A burra, A mesa e o Pau'.

'O estudantado discutirá sobre a relevancia xurídica das condutas que aparecen na obra A burra, a mesa e o pau, valorando elementos como a subordinación ás ordes empresariais, a propiedade dos medios de produción ou a feminización do traballo a distancia. A actividade está aberta tamén a toda a comunidade universitaria.', indica José María Miranda Boto.

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural.

Cartel da faísca Moito pau e pouca cenoria
Cartel da faísca Moito pau e pouca cenoria
Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.03.2025.