Ir o contido principal

Debate 'Xénero, traballo a domicilio e economía familiar'

20.03.2025 | 12.00h

Santiago de Compostela
Aula máster de Historia Contemporánea

O programa de Faíscas Culturais 'Moito pau e pouca cenoria' xira arredor da peza 'A burra, a mesa e o pau', do Centro Dramático Galego, unha proposta escénica que se achega ao mundo do traballo, á violencia do traballo e ao traballo que invade o ámbito dos fogares

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

O 20 de marzo, ás 12.00 horas, o estudantado da materia 'Muller e mundo rural e urbano: traballo, consumo e sociabilidade' da Facultade de Xeografía e Historia, dirixido pola profesora Luisa María Muñoz Abeledo, debatirá sobre 'Xénero, traballo a domicilio e economía familiar'. A actividade está aberta ademais a toda a comunidade universitaria.

'Historicamente, Galicia o mercado de traballo en Galicia caracterizouse pola pluriactividade. As familias combinaron distintas actividades: agro, pesca, industria, transporte e, tamén, traballo a domicilio. Esta é a temática da Faísca proposta desde Historia Contemporánea da Facultade de Xeografía e Historia en relación coa obra A burra, a mesa e o pau. Xa que logo, céntrase no traballo a domicilio (sobre todo en tempos de crise, realizado polas familias, fundamentalmente polas mulleres): o traballo das familias, a división sexual dos labores e o traballo a domicilio en distintos sectores, especialmente o téxtil.', indica Luisa María Muñoz Abeledo.

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural.

Cartel da faísca Moito pau e pouca cenoria
Cartel da faísca Moito pau e pouca cenoria
Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.03.2025.