No marco da clausura da exposición 'A muller que son. 7 arquitectas rumanas e as súas obras'

O luns 8 de abril ás 19.00 horas terán lugar no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia, uns 'Diálogos sobre arquitectura' de Rumanía e Galicia, no marco da clausura da exposición 'A muller que son. 7 arquitectas rumanas e as súas obras'. A entrada será aberta ao público e de balde ata completarse a capacidade do espazo.
Os diálogos serán presentados e conducidos por Juan M. Monterroso, catedrático de Historia da Arte da USC, e abrirán coa actuación de Virtuosi Violini, un trío formado por Anca Smeu, violín, Ionana Ciobotaru, viola e Haruna Takebe, piano.
A primeira charla a dará Ileana Tureanu, presidenta da Unión de Arquitectos de Rumanía, quen fará unha introducción da historia dos cen de anos da Escola de Arquitectura femenina de Rumanía. Seguiralle unha intervención sobre 'Xeografías sagradas', co relator Cătălin D. Constantin, catedrático da Facultade de Letras da Universidade de Bucarest e especialista en arquitectura eclesiástica rumana.
E finalmente, Elizabeth Abalo Díaz, do Estudio Ábalo-Alonso, e Óscar Andrés Quintela, do Estudio Arrokabe, falarán sobre 'Visións contemporáneas e paralelas desde Galicia'. Abalo Díaz é unha destacada profesional e docente que representa a consolidación do papel das arquitectas na contemporaneidade arquitectónica galega de comezos do século XXI, mentres que Quintela é un recoñecido arquitecto e xestor de oficinas de rehabilitación de conxuntos históricos en Galicia, cunha referencia destacada en traballos de alta calidade arquitectónica patrimonial, entre outros, a coordinación dos da restauración da Catedral de Santiago de Compostela 2017-2022.