Ir o contido principal

Encontro con Lúa Ribeira: 'Subida ao ceo'

13.12.2025 | 17.00h

Lugo
Casa do Saber

Lúa Ribeira
Lúa Ribeira

O 13 de decembro, de 17.00 a 20.00 horas, na Casa do Saber do campus de Lugo, haberá un encontro coa fotógrafa Lúa Ribeira, incluído dentro da programación do Outono Cultural: 'Subida ao ceo'.

Para asistir tes que inscribirte neste formulario do 3 de novembro ao 11 de decembro e aboar as taxas correspondentes. No formulario tes a información de como realizar o pagamento. Para calquera dúbida envía un correo a cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal)

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Cartel do encontro
Cartel do encontro
Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.10.2025.