Ir o contido principal

Encontro 'Da palabra á imaxe'

07.03.2025 | 17.00h

Lugo
Casa do Saber

Encontro con Paula Quiroga

Paula Quiroga
Paula Quiroga

'Da palabra á imaxe' é o primeiro dos cinco Encontros fotográficos que se inclúen dentro da programación da Primavera Cultural. Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Paula Quiroga (Lugo, 1996) é a relatora deste encontro que terá lugar na Casa do Saber o 7 de marzo en horario de 17.00 a 20.00 horas e no que é posible inscribirse ata unha semana antes do comezo do encontro ou ata completar as prazas. Nesta ligazón pódese acceder a toda a información sobre como realizar a matrícula.

Paula Quiroga é directora de fotografía e xornalista, especializada en documentalismo. Membro do colectivo fotográfico Ollo, na actualidade compaxina a dirección de fotografía en proxectos documentais e de ficción, destacando o seu traballo en Ulises (2023), de Félix Brixel.

Sobre o encontro

No proceso de transformar o coñecemento en fotografía Paula Quiroga compartirá o seu proceso de traballo, no que o estudo e a investigación lle axudan a definir a forma visual das súas imaxes. A través desta experiencia, explorará que a leva a fotografar.

Cartel dos Encontros fotográficos
Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.03.2025.