03.09.2024-11.09.2024

A exposición 'O corpo humano' estará aberta na Igrexa da Universidade entre o 3 e o 11 de setembro, coincidindo co desenvolvemento do seminario internacional 'O Corpo Humano entre a antigüidade e o barroco: ciencia, arte e pensamento', que terá lugar entre os días 4 e 6 de setembro no Salón de Actos da Facultade de Filosofía.
Esta mostra inclúe unha colección de valiosos exemplares de anatomía e doutras obras relacionadas co corpo humano pertencentes á Biblioteca Xeral, e está organizada polo Instituto de Humanidades da USC (iHUs), o grupo de investigación Síncrisis-Investigación en Formas Culturais e o grupo de investigación Discurso e Identidade, coa colaboración da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura e a Facultade de Filosofía.
