Ir o contido principal

Ao pé do carballo

Fixenöeu: bordando a natureza

08/05/2023 - 17.00 horas

Carballeira
En caso de choiva, Facultade de Humanidades

Obradoiro de iniciación ao bordado. Contactaremos coa natureza promovendo unha intervención respectuosa nela, ao tempo que aprendemos a bordar. Todo o material incluído.

Cartel de Fixenöeu
Cartel de Fixenöeu

O ciclo ‘Ao pé do carballo’, promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, ofrece o vindeiro luns 8 de maio, a partir das 17.00 horas, na carballeira da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, a posibilidade de participar no obradoiro de iniciación ao bordado ‘Fixenöeu’, da man da cooperativa Bico de Grao.

Fixenöeu é un obradoiro de deseño e confección téxtil que forma parte da cooperativa Bico de Grao. A súa máxima é a creación de pezas téxtiles a partir de material de refugallo, o que permite darlle varias vidas ás roupas que xa non se usan. Cunha perspectiva de creación consciente, elaboran fundamentalmente, bonecos de tea.

Esta actividade, que servirá tamén de escenario para a presentación da cooperativa Bico de Grao, é de acceso libre e de balde para o público interesado previa inscrición no enderezo de correo electrónico cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal). As prazas son limitadas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.05.2023.