Ir o contido principal

Festival de música e danza tradicional

II TradiFest USC

15.06.2023 | 19.30h

Xardín das Pedras que Falan de Fonseca

Promovida polo Espazo de Danza da USC, trátase dunha actividade con acceso libre para o público xeral

II TradiFest USC
II TradiFest USC

A Universidade de Santiago de Compostela organiza o seu segundo Tradi-Fest, un Festival de Música e Danza Tradicional que ten como principal obxectivo favorecer o diálogo cultural entre os pobos do norte e do sur da franxa Atlántica, coa difusión da cultura musical e dancística tradicional.

Dirixido por Juan Carlos Zahera, desenvolverase o xoves 15 de xuño a partir das 19.30 horas no Xardín das Pedras que Falan do Colexio de Fonseca. Este II Tradi-Fest contará coa participación da Aula Permanente de Música Tradicional do Campus de Pontevedra (Universidade de Vigo), coordinada polo seu director Suso Vaamonde), e os Espazos de Danza Tradicional e de Pandeireta da USC, coa coordinación de Alejandro Martínez e Leticia López, respectivamente. No programa, diversas pezas para pandeireta, a Antiga Alborada de Ourense, Loliña, o valse procesional de Brea, a Muiñeira de Chantada a Muiñeira das Labradas, pasacorredoiras de Arnoia, o Valse do Miro, a Foliada de Carrril ou o Pasodobre de Mallou.

A asistencia ao festival é libre e de balde.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.06.2023.