Ir o contido principal

Exposición

'MOXOM. Madeiras no Camiño'

07.09.2023-14.10.2023 | 12.00h

Santiago de Compostela
Salón do Artesoado

O Colexio de Fonseca acolle unha mostra das creacións en madeira recuperada do artista ourensán Xosé Manuel Rodríguez Mojón 'MOXOM'

Cartel da exposición
Cartel da exposición

A Área de Cultura da USC abre un novo curso expositivo coa inauguración da mostra 'MOXOM. Madeiras no Camiño', unha escolma das tallas realizadas en madeira recuperada polo artista orensán Xosé Manuel Rodríguez Mojón 'MOXOM'. Abrirá as súas portas o día 7 de setembro ás 12.00 horas.

A traxectoria escultórica de MOXOM arrancou hai máis de vinte anos e de forma completamente autodidacta. As súas obras empregan madeira recuperada dos camiños, fragas, leiras e encoros da xeografía galega como materia prima para a creación e, así, convértense en vehículo co que transitar polo seu percorrido artístico. 

A exposición 'Madeiras no Camiño' presenta en Compostela unha escolma destas creacións. Poderá ser visitada no Salón do Artesoado do Colexio de Fonseca, ata 14 de outubro, de luns a sábado de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas. 

 

 

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.09.2023.