O profesor Jorge Mira coordina unha nova edición destas conversas divulgativas abertas ao público

'Un refuxio no ceo. A memoria do pobo saharauí nas estrelas', 'Hackear non é cousa de delincuentes' e 'Sex, Rock & Law' son as temáticas protagonistas da sesión de abril das NerdNites, programada o mércores 26 ás 20.30 horas na Nave de Vidán.
Andrea Rodríguez Antón, investigadora en Astronomía Cultural no INCIPIT-CSIC; Alberto Quián, profesor de Xornalismo e membro do grupo de investigación Novos Medios da USC; e Belén Trigo García, profesora de Dereito Civil da USC, serán desta volta as persoas convidadas nesta nova sesión das conversas divulgativas nas que especialistas de diferentes ámbitos dialogan co público das disciplinas que os apaixonan fóra do ámbito académico nun ton distendido e en horario nocturno.
A participación é libre ata completar a capacidade da sala.