Ir o contido principal

Nerdnite especial 'Manuela Rey is in da house'

06.03.2024 | 20.30h-22.00h

Riquela. Rúa Preguntoiro, 35
Santiago de Compostela

As conversas divulgativas están abertas ao público en xeral

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

A figura da actriz galega Manuela Rey, a peste branca e a emigración galega a Lisboa nos séculos XVIII e XIX serán os contidos que integren a segunda NerdNite de 2024 en Compostela. A sesión desenvolverase no local de Riquela na rúa Preguntoiro 35 a partir das 20.30 horas.

'Manuela Rey, arqueoloxía e outros dramas' é o título do relatorio que desenvolverán o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, e a actriz, arqueóloga e colaboradora do Incipit-CSIC Paula Ballesteros. Pola súa parte, o profesor emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, Juan J. Gestal Otero, falará da peste branca. Finalmente, o profesor de Historia Moderna da USC Domingo L. González Lopo pronunciará unha charla sobre 'Cando Lisboa era as Américas para moitos galegos (1715-1870)'.

As Nerd Nites son conversas divulgativas nas que especialistas de diferentes ámbitos dialogan co público das disciplinas que os apaixonan fóra do ámbito académico nun ton distendido e en horario nocturno. As Nerd Nites naceron hai anos en Estados Unidos, unha proposta orixinal á que se sumou Santiago de Compostela en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo.

Cartel da xornada
Cartel da xornada
Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.02.2024.