Ir o contido principal

Nerdnite | marzo 2023

29.03.2023 | 20.30h

Café-Bar Alborada de Veiga (Praza de Pascual Veiga, 4)
Santiago de Compostela

O profesor Jorge Mira coordina unha nova edición destas conversas divulgativas abertas ao público

Cartel da Nerdnite do 29 de marzo 2023
Cartel da Nerdnite do 29 de marzo 2023

'Explorando o lado escuro da forza (inmunitaria): cando as defensas se volven contra nós', 'A calor mata, e o frío tamén' e 'Novos mapas para transitar pola literatura' centran unha nova sesión destas conversas divulgativas que terá lugar o vindeiro mércores 29 de marzo de 2023 ás 20.30 horas no Café-Bar Alborada de Veiga (praza Pascual Veiga, 4). 

Iria Gómez Touriño, investigadora do CiMUS e profesora do departamento de bioquímica e bioloxía molecular da USC; Dominic Royé, investigador da fundación para a investigación do clima; e Ana Bustelo Vega, doutoranda na facultade de filoloxía da USC, serán desta volta os relatores convidados nunha nova sesión das Nerd Nites, encontros divulgativos onde especialistas de diferentes contornas dialogan co público das disciplinas que os apaixonan fóra do ámbito académico nun ton distendido e en horario nocturno. 

A participación é libre ata completar a capacidade da sala. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.03.2023.