Ir o contido principal

Ao pé do carballo

Obradoiro e actuación con Eva Cabanelas

10/05/2023 - 20.00 horas

Carballeira
En caso de choiva, Facultade de Humanidades

O taller ‘Creación dun monólogo científico: da idea á posta en escena' dará pé á actuación ‘A miña parasito grafía: historia dunha parasitóloga parasitada’. Estas actividades, de acceso libre previa inscrición no enderezo cultura.lugo@usc.gal, encádranse no ciclo 'Ao pé do carballo', promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural

Cartel de obradoiro e actuación con Eva Cabanelas
Cartel de obradoiro e actuación con Eva Cabanelas

O ciclo ‘Ao pé do carballo’, promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, ofrece o vindeiro mércores 10 de maio, a partir das 20.00 horas, na carballeira da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, a posibilidade de participar no obradoiro de creación dun monólogo científico impartido por Eva Cabanelas, quen, de seguido, ofrecerá a actuación ‘A miña parasito grafía: historia dunha parasitóloga parasitada’. A participación nestas actividades, organizadas ao abeiro do convenio Lugo Cultural, é libre e de balde para o público interesado, previa inscrición no enderezo de correo electrónico cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal).

Na súa intervención Eva Cabanela, veterinaria egresada do Campus Terra da USC, onde tamén completou o seu doutoramento, desmontará algúns mitos sobre os parasitos e contará como a acompañaron ao longo da súa vida, desde que era unha nena e tivo piollos ata que fixo a súa tese en Parasitoloxía.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.05.2023.