
O Club Cultural Valle-Inclán proxecta o documental 'Salvaxe, salvaxe', de Emilio Fonseca (España, 2024, 86 min), nas Sesións de Filmoteca do Outono Cultural 2025. Será o mércores 29 de outubro no Salón de Actos da Casa do Saber ás 19.30 horas.
"«¿Ules iso?» A cámara adéntrase nos montes de Galicia e do norte de Portugal entre susurros. Para tecer os sinais que deixa a vida salvaxe hai que agudizar los sentidos. Estas imaxes afástanse da representación de pureza virxinal asociada ás paisaxes naturais do noroeste da Península Ibérica. Son conscientes do intenso modelado da acción humana. Ser unha criatura salvaxe aquí é ser salvaxe asediado. 'Salvaxe, salvaxe' rastrexa imaxes e ausencias do lobo ibérico xunto a un equipo de investigación universitario. Atravesa unha historia relacional cargada de mitoloxía popular, sometemento e exterminio e enfróntase a unha historia audiovisual feita de imaxes-simulacro do natural salvaxe. 'Salvaxe, salvaxe' é un anti-documental de natureza: nel aparecen lobos que devolven a mirada a cámara aterrorizados e humanos que saben ouvear. Todas as criaturas deixamos rastros neste baile coidadoso de rastrexadores rastrexados.". FILMOTECA DE GALICIA.
Esta actividade desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.
A entrada é de balde para a comunidade universitaria.