Ir o contido principal

Proxección do filme 'The kid / El chico', de Charles Chaplin

07.05.2025 | 19.30h

Lugo
Salón de Actos da Casa do Saber

The kid / El chico
The kid / El chico

O mércores 7 de maio, ás 19.30 horas, proxectarase no Salón de Actos da Casa do Saber o filme 'The kid /El chico' de Charles Chaplin (USA, 1921, 65 mns). Narración dos rótulos en castelán.

No filme, Edna é unha muller pobre que se ve na necesidade de abandonar o fillo nun coche diante da casa duns millonarios. O rapaz acaba ao coidado do vagabundo Charlot, que constrúe un fogar para el e sobrevive recorrendo á picaresca. Cinco anos despois, e coa nai convertida nunha popular actriz, o destino intentará separalos... A primeira longametraxe de Charles Chaplin, unha combinación maxistral de comedia e drama con doses de crítica social, posúe elementos autobiográficos do director que fan da película un traballo ben persoal. En 1971 Chaplin compuxo a música para o filme.

Esta actividade está incluída na programación da Primavera Cultural e desenvólvese polo Club Cultural Valle-Inclán segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.

A entrada é de balde para a comunidade universitaria.

Cartel do filme
Cartel do filme
Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.05.2025.