Ir o contido principal

Proxección do filme 'L'autre côté de l'espoir'

20.11.2024 | 19.30h-21.30h

Lugo
Salón de Actos da Casa do Saber

Filme L'autre côté de l'espoir
Filme L'autre côté de l'espoir

O Club Cultural Valle-Inclán proxectará o filme 'L'autre côté de l'espoir' de Aki Kaurismäki (Finlandia, 2017, 98 min, VOSE) o mércores 20 de novembro, ás 19.30 h, no Salón de Actos da Casa do Saber do campus de Lugo. O filme obtivo en 2017 o Oso de Prata a Mellor director no Festival de Berlín e o Gran Premio FILPRESCI a mellor película do ano.

Estas proxeccións están incluídas dentro da programación do Outono Cultural e realízanse coa axuda da Xunta de Galicia, en colaboración coa Filmoteca de Galicia. A entrada é libre e de balde para socios do Club Cultural Valle-Inclán e para a comunidade universitaria. Unha vez iniciada a sesión non se permitirá o acceso á sala.

Cartel do filme
Cartel do filme
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.11.2024.