Ir o contido principal

Proxección de 'A rúa da fronteira'

28.04.2023 | 17.00h

Santiago de Compostela
Auditorio

En conmemoración do 80 aniversario do levantamento do Gueto de Varsovia, a Facultade de Ciencias da Comunicación acolle a proxección deste filme de Aleksander Ford

Cartel da actividade
Cartel da actividade

O 19 de abril de 2023 cúmprese o 80 aniversario do levantantamento dos últimos resientes do Gueto de Varsovia  contra os nazis, un heroico pero estéril esforzo do que foi a maior rebelión civil da guerra. Para conmemorar este aniversario, AGAI e BNEI Israel de Galicia presentan a película 'A rúa da fronteira / Ulica graniczna' (Polonia 1948), dirixida por Aleksander Ford. A película mira o horror do xenocidio desde o punto de vista dun grupo de nenos e nenas.

A proxección da edición remasterizada e subtitulada en castelán do filme terá lugar no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC o venres 28 de abril e o acceso é de balde ata completar a capacidade do espazo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.04.2023.