Ir o contido principal

XXIX Festival Internacional de Teatro Universitario

Querida María e Susurro de nudos

11.02.2025 | 20.30h

Salón Teatro
Santiago de Compostela

Querida María
Querida María

A 29ª edición do Festival Internacional de Teatro Universitario, organizada desde a Aula de Teatro da USC, comezará o 11 de febreiro coa Universidade de Castilla-La Mancha que, primeiro, presentará a acción performativa 'Querida María', cunha duración de 25 minutos e en lingua castelán. A posta en escena da peza é de de Marina Álvarez Carnero. O elenco está formado por Nora Osma Valiente, Beatriz Morales Manzanaro e Marina Álvarez Carnero. As escolas de teatro participantes son a Facultade de Bellas Artes Cuenca e a Escola Superior de Arte Dramático Cuenca.

Seguirálle a acción performativa 'Susurro de nudos' de Tzu-Han Hung que terá unha duración de 20 minutos e será en lingua castelán. A representación será co grupo de investigación ARTEA.

As representacións son no Salón Teatro ás 20.30 horas. A entrada é gratuíta previo paso pola billeteira, que abrirá ás 19.00 horas.

Querida María

Esta peza é parte dunha investigación-creación sobre unha serie de artistas do Art Brut que foron psiquiatrizadas en hospitais onde desenvolveron unha arte en relación coa escritura e o téxtil en forma de deseños, bordados e invencións de alfabetos. Todas elas manifestaron nas súas creacións unha notable influencia do teatro, a poesía, a danza, a fotografía e a música.

'Querida María' explora a dramaturxia das instalacións realizadas por Marie Lieb, unha artista alemá que, no illamento, despregou repetidamente no chan unhas composicións efémeras poético- plásticas con anacos arrancados de sabas. Trátase dunha grafía ilexible de códigos secretos e mediúmnicos que agocha o silencio, o abandono, a dor ou a falta de afecto, e co que traza unha busca identitaria a través do corpo e os obxetos que a rodean. Nas súas composicións, arcaicas e contemporáneas ó mesmo tempo, a linguaxe marca o corpo mesmo para restar indescifrable, do mesmo xeito que a arte expresou sempre relacións metafóricas coa letra, convertíndoa nunha imaxe máis.

A partir das dúas únicas fotos que se conservan no seu arquivo médico, coa descripción “motivos figurativos realizados por unha maníaca”, desenvolverase en escea unha acción que explora a expansión da escritura empregando o corpo como acontecemento onde o ritual e o xesto poden ser reinventados e traspasados. A imaxe da instalación de Marie Lieb xera signos que a reconstrúen e a salvan compoñendo un sistema caligráfico propio. Desde esta busca de respostas, do outro lado da realidade material y visible, trázanse relacións coa obra performativa no encerro das artistas Emma Hauck, Marguerite Sirvins, Jeanne Tripier ou Agnes Richter, así como a intertextualidade trazada co tecer-destecer de Penélope, co libro Novas Cartas Portuguesas, e co “xesto menor” de Fernand Deligny.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.02.2025.