Exposición itinerante comisariada por Henrique Monteagudo

A exposición divulgativa 'Saber de Nós Seminario de Estudos Galegos (1923-1936)', comisariada polo profesor Henrique Monteagudo, comeza na Facultade de Química a súa itinerancia por varios centros da USC, para logo continuar en Dereito, Filoloxía, Xeografía e Historia, e Económicas e Empresariais, no Campus de Compostela e Formación do Profesorado, Veterinaria e a Escola Politécnica de Enxeñaría (EPSE) no Campus de Lugo.
Esta exposición, que ofrece unha ollada xeral sobre a historia e o percorrido do Seminario, servirá á súa vez de contexto para as Faíscas Culturais que se celebrarán en cada un deses centros con motivo do centenario do SEG.
O calendario segundo vai itinerando polos centros é o seguinte:
Facultade de Química |
5 ao 15 outubro |
Facultade de Dereito |
16 ao 29 outubro |
Facultade de Filoloxía |
2 ao 12 novembro |
Facultade de Xeografía e Historia |
13 ao 26 novembro |
Facultade de CC Económicas e Empresariais |
27 novembro ao 15 decembro |
Facultade de Formación do Profesorado |
15 ao 30 outubro |
EPSE |
1 ao 25 novembro |
Facultade de Veterinaria |
26 novembro ao 15 decembro |