Ir o contido principal

Teatro e Podcast: capitalismo, pobreza e desigualdade

19.03.2025 | 09.00h

Santiago de Compostela
Aula 22

O programa de Faíscas Culturais 'Moito pau e pouca cenoria' xira arredor da peza 'A burra, a mesa e o pau', do Centro Dramático Galego, unha proposta escénica que se achega ao mundo do traballo, á violencia do traballo e ao traballo que invade o ámbito dos fogares

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

Os días 19 de marzo, ás 9.00 horas, o profesor Adrián Dios dirixirá o estudantado da materia 'Historia Económica Mundial' de 1º do Grao en Economía da Facultade de CC Económicas e Empresariais na actividade 'Teatro e Podcast: capitalismo, pobreza e desigualdade', aberta tamén a toda a comunidade universitaria.

O estudantado terá a oportunidade de asistir á obra de teatro A mesa, a burra e o pao que, cargada de simbolismo, ofrece unha reflexión profunda sobre temas como o traballo no fogar, a xustiza social e as dinámicas de poder, aspectos clave para comprender a pobreza e a desigualdade a través da historia. Tras a obra, deberá elaborar un podcast no que analizará as ideas económicas presentes na trama, relacionándoas coa realidade actual e co contido visto na materia. "O obxectivo é fomentar o pensamento crítico e a capacidade de conexión entre a teoría económica e os desafíos sociais do noso tempo. Posteriormente, realizarase un debate na aula en base aos propios podcasts creados", explica Adrián Dios.

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural.

Cartel da faísca Moito pau e pouca cenoria
Cartel da faísca Moito pau e pouca cenoria
Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.03.2025.