A mostra promovida pola Cátedra Valle-Inclán da USC reúne o patrimonio artístico persoal do escritor

A Universidade de Santiago de Compostela promove unha nova exposición dedicada a Ramón María del Valle-Inclán. Organizada pola Cátedra Valle-Inclán, coa colaboración do Grupo de Investigación Valle-Inclán da USC e o apoio da Deputación da Coruña, o xornal La Voz de Galicia e a Xunta de Galicia, a mostra presenta en primicia o patrimonio artístico persoal do escritor a través de pinturas, esculturas, caricaturas, retratos, obxectos persoais, tipografía orixinal e mobiliario, cedidos para ocasión polos seus propietarios, tres integrantes da familia Valle-Inclán Alsina.
A mostra inaugúrase o xoves 9 de febreiro ás 13.00 horas no Salón do Artesoado do Colexio de Fonseca, onde poderá ser visitada ata o 1 de abril. O horario de apertura esténdese das 11.00 ás 14.00 horas e das 17.00 ás 20.30 horas de luns a sábado.