Lugo
A nova sesión de filmoteca promovida pola Asociación Valle-Inclán desenvólvese este mércores, a partir das 19.30 horas. A entrada é de balde para socios e membros da comunidade universitaria

A Asociación Valle-Inclán organiza este mércores, a partir das 19.30 horas, no auditorio da Casa do Saber, unha nova sesión de filmoteca no marco da que se proxectará o filme ‘El viento nos llevará’, unha obra que ofrece unha retrospectiva do cineasta nado en Teherán Abbas Kiarostami.
A proxección deste filme desenvólvese ao abeiro do convenio que manteñen a Asociación Valle-Inclán e a USC. Daquela, a entrada é libre e de balde tanto para socios da entidade como para membros da comunidade universitaria. O custe para o resto do público é de 2 euros.
A película obtivo premio no 1999 (Venecia, Gran Premio do Xurado, Premio Fipresci da Crítica Internacional); e no 2000 (Asociación de Críticos de Chicago) estivo nominada á Mellor película estranxeira.