Ir o contido principal

Noite na Domus

Visitas guiadas á Domus do Mitreo, con Celso Rodríguez Cao e Germán Díaz

09/05/2023 - 20.00 horas

Domus do Mitreo

Cartel de Celso Rodríguez Cao e Germán Díaz
Cartel de Celso Rodríguez Cao e Germán Díaz

O programa ‘Noites na Domus’, organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, no que participan con apoio económico USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, como unha actividade complementaria do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ que permite ao público gozar de visitas guiadas con acompañamento musical ao xacemento da Domus do Mitreo, ofrece o vindeiro martes 9 de maio, unha dobre sesión de visitas guiadas por Celso R. Cao e con acompañamento musical do zanfoñista do Arneiro Germán Díaz.

O primeiro dos dous pases programados, para os que o aforo máximo é de 25 participantes, comezarán ás 20.00 e ás 21.30 horas, respectivamente. As persoas interesadas poden solicitar xa de balde as entradas a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal). Tamén se poden informar a través do número de teléfono 982 821 511 en quenda de 9.00 a 14.00 horas.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.05.2023.