Promovida pola Facultade de Matemáticas da USC, a mostra recolle a beleza da natureza baixo claves matemáticas

O Claustro Alto do Colexio de Fonseca acolle a exposición 'Xeometría Natural', elaborada ao abeiro do proxecto 'Marzo mes das matemáticas', pola asociación de divulgación matemática DIMA e patrocinada pola FECYT. A mostra inclúe doce instantáneas que descobren na natureza elementos xeométricos, simetrías e outros conceptos matemáticos tomadas por Inmaculada Gutiérrez, Pilar Moreno, Leopoldo Martínez e Lucía Morais que se acompañan de textos elaborados por Pedro Alegría, Raúl Ibáñez e Marta Macho. Carla Garrido ocupouse da maquetación e as locucións son obra de César Goldi (voz) e Juanjo Fernández (gravación e efectos sonoros). A mostra contou con financiamento da Xunta para a tradución ao galego e a locución dos textos.
O acto de inauguración celebrouse o 8 de abril ás 12.00 horas contou coa presenza da vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias; do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, da decana da Facultade de Matemáticas, Elena Vázquez Cendón; e da coordinadora do Nodo de Galicia do proxecto 'Marzo, mes das Matemáticas', María Elena Vázquez Abal.
Esta exposición que chega a Compostela promovida pola Facultade de Matemáticas poderá ser visitada de balde do 8 de febreiro a o 5 de abril en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas.