Ir o contido principal

Faíscas culturais

A xestión de residuos como panca clave na loita contra o cambio climático

01.12.2023 | 12.30h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

A terceira edición do programa Faíscas Culturais profunda, con aulas abertas e sesións, na exploración de como a "ansiedade climática" está a calar nas investigacións de artistas 'millenial' de Galicia e do norte de Portugal

Faísca Un rastro de furia e algas. Reflexións sobre o futuro do planeta Terra
Faísca Un rastro de furia e algas. Reflexións sobre o futuro do planeta Terra

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. 

Baixo o título 'Un rastro de furia e algas. Reflexións sobre o futuro do planeta Terra', a terceira edición do programa afonda na exploración de como a "ansiedade climática" está a calar nas investigacións de artistas 'millenial' de Galicia e do norte de Portugal en aulas abertas e conversas que percorren varios dos centros da USC e se complementan cunha exposición itinerante coordinada por Federico López Silvestre.

O 1 de decembro ás 12.00 horas, na Escola Técnica Superior de Enxeñaría, haberá unha aula aberta e conversa coa directora xeral de Sogama sobre como a xestión de residuos no eido da sostenibilidade pode reducir o seu efecto no cambio climático.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.11.2023.