O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural

O programa de Faíscas Culturais 'Escoitar-se antes de actuar' inclúese dentro da programación da Primavera Cultural, e terá lugar no mes de abril desde ano 2024.
No obradoiro 'Escoitar-se antes de actuar', con Bal Castro como relator, traballarase a escoita en escena, para escoitar ao compañeiro e escoitarse a un/unha mesmo/a, que é o máis importante para non deixármonos levar por impulsos incontrolados e caóticos.
Facultade de Formación do Profesorado | Bal Castro |
26 de abril 11.00 a 13.00 h Aula de Teatro e Danza da Facultade de Veterinaria |
Área de Cultura
- Colexio San Xerome
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura [at] usc.gal
Área de Cultura
- Edificio Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo [at] usc.es