Ir o contido principal
O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural
Faísca Saber de Nós. Unha ollada ao centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos

A liña de faíscas Saber de Nós. Unha ollada ao centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos desenvolverase entre os meses de outubro e decembro de 2023 nas facultades de Química, Dereito, Filoloxía, Xeografía e Historia, Económicas e Empresariais, Formación do Profesorado, Veterinaria e a EPS, á vez que unha exposición sobre o Seminario de Estudos Galegos coordinada polo profesor Henrique Monteagudo vai itinerando por estes centros segundo o seguinte calendario:

Facultade de Química

5/15 outubro

Facultade de Dereito

16/29 outubro

Facultade de Filoloxía

2/12 novembro

Facultade de Xeografía e Historia

13/26 novembro

Facultade de CC Económicas e Empresariais

27 novembro/15 decembro

Facultade de Formación do Profesorado

16/30 outubro

EPS

1/25 novembro

Facultade de Veterinaria

26 novembro/15 decembro

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.10.2023.