Este curso de verán propón reflexionar, dende unha perspectiva multidisciplinar, sobre o papel da amizade en redes e nas relacións sociais dinámicas contemporáneas nas que esta adquire unha dimensión especificamente política e transformadora ademais de afectiva. A través da amizade impúgnanse as fronteiras do xénero, parentesco, sexualidade, racialización, idade ou clase social. Analizaranse as relacións de amizade entre mulleres, as disidencias sexuais e de xénero e outros colectivos subalternizados como ferramenta para o sostemento da vida, as estratexias para sobrelevar as vulnerabilidades e o cuestionamento das desigualdades sociais, así como as estratexias de apoio mutuo, a corresponsabilidade e a reciprocidade baseadas na amizade e no feminismo.
Dirección: Guadalupe Jiménez-Esquinas
Secretaría: Elena Gutiérrez Díaz e Erika Calvo Rivera
Lugar de celebración: Aula 4 (12 de xuño) e Salón de Actos (13 de xuño) da Facultade de Filosofía. Praza de Mazarelos s/n
Este curso está co-organizado polo Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX)
Conta co financiamento do proxecto de i+D+I ADISKIDE PID2022-137967NB-I00 e da Facultade de Filosofía
PROGRAMA
Día 12 de Xuño (xoves)
10:00 a 11:00
Inauguración do curso
Guadalupe Jiménez-Esquinas (CIFEX)
Teresa Moure (CIFEX)
11:00 a 12:00
‘Reflexións sobre amizade e feminismos’
Mari Luz Esteban Galarza (UPV/EHU)
12:00 a 12:30
Descanso
12:30 a 13:30
‘A amizade radical nos procesos de dó. O asasinato en Grecia de Zackie Oh’
Alicia Valdés
15:30 a 17:30
AMIGXS QUE SON FAMILIA? AMIZADES, CARIÑOS, ALTERNATIVAS E DISIDENCIAS
‘A amizade: afectos e coidados nas vidas LGTBIQ+’
Jose Ignacio Pichardo Galán (UCM)
‘Lesbianak edonon: prácticas de amizade e espazos da memoria’
Laura Muelas de Ayala e Miren Guilló Arakistain (UPV/EHU)
‘Reimaxinando a forza transformadora das alianzas disidentes: afectos expansivos nunha rede de futuros compartidos’
Enrique Latorre Ruiz (USC)
17:30 a 18:00
Descanso
18:00 a 20:00
OBRADOIRO/CÍRCULO
‘amizade sentida: afectos en continuidade’
aixa permuy e Laura Alonso (USC)
Día 13 de Xuño (venres)
10:00 a 12:00
VULNERABILIDADES: REDES DE APOIO MUTUO, VECIÑAS E COCIÑAS
‘Amigas e veciñas: redes de apoio mutuo entre mulleres maiores’
Guadalupe Jiménez Esquinas (USC)
‘Redes de coidados informais e amizade’
Amaia Agirre Miguélez (UPV/EHU)
‘Colonialidade do afecto e amizade política: queremos as feministas brancas ás mulleres racializadas?’
Erika Calvo Rivera (USC)
12:00 a 12:30
Descanso
12:30 a 13:30
CONFERENCIA PERFORMATIVA
‘Tecer amizade para dislocar fronteiras’
Miren Urkijo Arregui (UPV/EHU)
15:30 a 18:00 GOZAR, TRABALLAR, VIVIR E LOITAR CON AMIGAS
‘A amizade para a reivindicación, o ritual ou a diversión’
Margaret Bullen e María Ruiz Torrado (UPV/EHU)
‘Convivir e envellecer xuntas: a amizade como proxecto de vida’
Irantzu Fernández Rodríguez (UPV/EHU)
‘Vivir con amigas: a convivencia como aposta política’
Marta Luxán Serrano (UPV/EHU)
‘Colegas e con todo amigas: notas sobre a amizade na academia’
Beatriz Pérez Galán (UNED)
18:00 a 18:30
Descanso
18:30 a 20:00
PECHE
‘Delincuente: proxección + coloquio’
Nuria Vilán Prado
ACTO DE CLAUSURA