O obxectivo do curso é actualizar os coñecementos teóricos do alumnado de grao e mestrado en canto á biodiversidade, os seus compoñentes, e as ferramentas dispoñibles para a súa cuantificación, e aplicar estes coñecementos de forma práctica á caracterización da biodiversidade de comunidades terrestres localizadas na Serra do Courel.
Dirección: Teresa Boquete Seoane, Agustín Camacho Guerrero, Javier Valverde Morillas
Secretaría: Zulema Varela Río
Lugar de celebración: Estación Científica do Courel (USC). Seoane do Courel (Lugo)
Este curso conta coa colaboración da Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel (ADRSC) e a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT).
PROGRAMA
Día 29 de xullo
15:00h
Chegada á Estación Científica do Courel
15:30 a 16:45h
Presentación do curso
Módulo 1: Introdución e conceptos básicos de biodiversidade; Estratexias de mostraxe en estudios de biodiversidade.
16:45 a 17:00h Descanso
17:00 a 18:30h
Continuación Módulo 1
Continuación estratexias de mostraxe en estudios de biodiversidade; Introdución á xustificación dos obxectivos dos estudos de biodiversidade no contexto de proxectos de investigación e traballos científicos.
18:30 a 19:00h
Introdución ao patrimonio natural do Courel
Marcos Reinoso (Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel, ADRSC)
Óscar Rivas (Asociación Galega de Custodia do Territorio, AGCT)
19:00 a 21:00h
Actividade voluntaria
Visita guiada por Marcos Reinoso (ADRSC) e Óscar Rivas (AGCT) ao Souto de Seoane cos produtores locais
Degustación de produto local (mel, produtos elaborados con castañas, etc.)
Día 30 de xullo
09:00 a 13:00h
Práctica de campo 1 (PC1): Mostraxe en comunidades terrestres (monitorización dunha matogueira de montaña en recuperación despois dos incendios do verán de 2022)
15:30 a 17:00h
Práctica de ordenador 1 (PO1): Introdución ao procesado de datos de biodiversidade empregando R e Excel
Preparación de táboas de datos brutos; Filtrado de datos brutos e creación de gráficos exploratorios; Determinación de índices de biodiversidade; Construción de curvas de acumulación de especies e uso do método de rarefacción para a determinación da riqueza específica; Comparación de metodoloxías de mostraxe mediante o cálculo do esforzo de mostraxe.
17:00 a 17:30h Descanso
17:30 a 19:00h
Módulo 2: Avaliación dos cambios na biodiversidade en gradientes espaciais. Definición de diversidade beta; Métodos de cuantificación (índices de disimilitude); Discusión dos efectos de borde e autocorrelación espacial; Introdución á redaciión da parte metodolóxica nun documento científico.
21:00 a 22:00h
Actividade voluntaria
Saída de exploración da fauna nocturna
Día 31 de xullo
09:00 a 13:00h
Práctica de campo 2 (PC2): Mostraxe en comunidades terrestres (visita á devesa da Rogueira e mostraxe de flora vascular e criptógama).
15:30 a 17:00h
Práctica de ordenador 2 (PO2): Introdución ao análise espacial de datos de biodiversidade
Procesado de datos colectados na PC2 empregando a mesma metodoloxía que na PO1 e comparativa das dúas comunidades; Representación gráfica da diversidade beta nas comunidades estudiadas; Relación de índices de disimilitude coa distancia xeográfica dentro e entre as dúas comunidades estudiadas.
17:00 a 17:30h Descanso
17:30 a 19:00h
Módulo 3: Avaliación de cambios temporais na biodiversidade
Cuantificación das variacións temporais na composición de especies e biodiversidade; Factores que determinan dita variación; Breve introdución á redacción dos resultados e discusión nun documento científico.
Día 1 de agosto
09:00 a 13:00h
Práctica de campo 3 (PC3): Mostraxe e clasificación de invertebrados na contorna da estación científica.
15:30 a 17:00h
Práctica de ordenador 3 (PO3): Introdución ao análise temporal de datos de biodiversidade
Análise de series de datos temporais dos datos recollidos durante as prácticas de campo; Discusión dos resultados obtidos ao longo do curso.
17:00 a 17:30h Descanso
17:30 a 19:00h
Módulo 4: A carreira investigadora
Introdución á carreira investigadora en España, dereitos laborais e colectivos científicos existentes; as dimensións do traballo investigador: formación continuada, solicitude de permisos para a colecta, análise e publicación de resultados, asistencia a congresos - reunións - networking, solicitude de financiación, supervisión de estudantes, etc.
Día 2 de agosto
09:00 a 12:00h
Práctica de ordenador 4 (PO4): Análise de biodiversidade empregando os datos recollidos e as ferramentas abordadas ao longo do curso.
Elaboración, por grupos, dunha breve presentación cos resultados obtidos.
12:00 a 13:00h
Breve exposición dos resultados obtidos, últimas reflexións e despedida do curso