A través dos contidos deste curso, mostraráselle ás persoas asistentes distintas facetas da Química actual, e como se relaciona con outras ciencias, achegando exemplos que demostran que a maioría das actividades e comodidades que forman parte da nosa vida están a ser proporcionadas ou teñen un alto compoñente de Química.
Dirección: Carmen García Jares e Mª Carmen Barciela Alonso
Secretaría: Elena Peña Vázquez
Lugar de celebración: Facultade de Químicas
PROGRAMA
Día 10 de xuño
9:00-9:30 h
Inauguración e presentación do curso
Dirección do Curso e Autoridades Académicas
9:30-10:30 h
Todo cociñeiro leva un químico dentro
Prof. Ángeles Peña Gallego, Profesora Titular do Departamento de Química
Física e Decana da Facultade de Química (UVIGO)
10:30-11:30 h
Antibióticos de Precisión, do Deseño á Práctica
Prof. Concepción González Bello
Catedrática do Departamento de Química Orgánica da USC e membro do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS)
11:30-12:00 h
Pausa café
12:00-13:00 h
Gas Radon. Efectos sobre a saúde e distribución en Galicia
Prof. Alberto Ruano Raviña, Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública
da USC e membro do Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS). Director do Laboratorio de Radon de Galicia
13:00-14:00 h
Mesa Redonda: Novos desenvolvementos en Química para a saúde
Moderadora: Mª Carmen Barciela Alonso (iMATUS, USC)
Día 11 de xuño
9:00-9:15 h
Introdución da sesión
Dirección do curso
9:15-10:15 h
Sexo e drogas: falemos de ChemSex
Dra. Pamela Cabarcos Fernández, Técnico Superior de Investigación do Instituto
de Ciencias Forenses (INCIFOR- área de Toxicoloxía, USC).
10:15-11:15h
Nanopartículas nos alimentos, ¿que ocorre cando as inxerimos?
Prof. María Raquel Domínguez González, Profesora Titular do Departamento de
Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da USC e membro do Instituto de Materiais (iMATUS)
11:15-11:45 h
Pausa café
11:45-12:45 h
As turbeiras de Galicia: un tesouro natural europeo
Prof. Francisco Xavier Pontevedra Pombal, Profesor Titular do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC e membro de CISPAC (Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais)
12:45-14:00 h
Mesa redonda: Química e máis, rompendo as barreiras
Moderadora: Carmen García Jares (CRETUS, USC)
Día 12 de xuño
9:00-14:00 h
Visita didáctica: Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (INTECMAR, Peirao de Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra)
9:45-10.45 h
Conferencia: O control da calidade do Medio Mariño en Galicia
Dra. Mª Covadonga Salgado Blanco, Directora do INTECMAR (Xunta de Galicia)
11:15-13:15 h Visita guiada ao INTECMAR
13:15-14:00 h Clausura do curso