Os obxectivos deste curso son: adquirir os conceptos básicos da patoloxía vascular do sistema nervioso central; coñecer as probas diagnósticas e as estratexias de tratamento; coñecer a fisiopatoloxía e principais procedementos terapéuticos endovasculares e coñecer a actividade diaria asistencial dun neurorradiólogo.
Dirección do curso: Antonio Jesús Mosqueira Martínez, Miguel Souto Bayarri, José Manuel Pumar Cebreiro
Secretaría: Jacobo Porto Álvarez, Carlos López Vila
Lugar de celebración: Aulario Novoa Santos (USC)
Este curso conta co aval da Sociedade do Grupo Español de Neurorradioloxía Intervencionista (GENI), así como coa colaboración da asociación sen ánimo de lucro “CoMeF” (Comunidade Médica en Formación) e da Sociedade Galega de Radioloxía (SGR). Non están previstos gastos de aloxamento nin manutención.
PROGRAMA
Día 9 de xuño:
BLOQUE 1: INTRODUCIÓN Á PATOLOXÍA NEUROLÓXICA VASCULAR
09:00-09:10
Inauguración do curso.
Miguel Souto. Catedrático de radioloxía (Universidade de Santiago de Compostela).
09:10-09:30
Historia da Neurorradioloxía intervencionista.
Manuel Pumar. Catedrático emérito de radioloxía (Universidade de Santiago de Compostela).
09:30-10:00
Etioloxía e diagnóstico do ictus.
Susana Arias. Neuróloga (Hospital Clínico de Santiago de Compostela).
10:00-10:30
Pausa para café
BLOQUE 2: ICTUS ISQUÉMICO
10:30-11:00
Diagnóstico radiolóxico do ictus isquémico.
Jacobo Porto. Radiólogo (Hospital Clínico de Santiago de Compostela).
11:00-11:30
Estratexias en neurorradioloxía intervencionista
Juan Chaviano. Neurorradiólogo (Hospital Universitario de Cáceres).
11:30-12:00
Tratamento endovascular do ictus agudo.
Carlos Rodríguez. Neurorradiólogo (Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo).
12:00-12:30
Tratamento preventivo: Tratamento da estenose intracraneal e extracraneal.
Javier Martínez. Neurorradiólogo (Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela).
12:30-14:00
Descanso e xantar / Traslado ao Centro de simulación do Gil Casares
14:00-18:30
Prácticas de tratamento endovascular do ictus isquémico.
Día 10 de xuño:
BLOQUE 3: ICTUS HEMORRÁXICO
09:00-09:30
Diagnóstico radiolóxico da patoloxía hemorráxica intracraneal.
Paula Sobral. Neurorradióloga (Hospital Ribera Povisa de Vigo).
09:30-10:00
Hemorraxia subaracnoidea e tratamentos cirúrxicos.
Beatriz Menéndez. Neurocirurxiá (Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela).
10:00-10:30
Tratamento endovascular dos aneurismas cerebrais.
Marta Seoane. Neurorradióloga (Complexo Hospitalario Universitario da Coruña).
10:30-11:00
Tratamento endovascular de fístulas durais e malformacións arteriovenosas.
Claudio Rodríguez. Neurorradiólogo (Hospital Fundación Jiménez Díaz).
11:00-11:30
Pausa para café
BLOQUE 4: MISCELÁNEA
11:30-12:00
Accesos en neurorradioloxía.
Mauricio José Fernández. Neurorradiólogo (Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo).
12:00-12:30
Monitorización intraoperatoria nas salas de neuroangiografía.
Octavio Rodríguez. Neurofisiólogo (Hospital Universitario da Coruña).
12:30-13:00
Conclusións e peche
Antonio Mosqueira. Neurorradiólogo (Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela).
13:00-14:00
Xantar / Traslado ao Centro de simulación do Gil Casares
14:00-18:00
Prácticas de tratamento endovascular do ictus hemorráxico.
18:00-18:30
Exame e despedida