Ir o contido principal

Os obxectivos deste curso son: estudar os diferentes significados que se asocian á idea de “progreso e prosperidade” en particular asociados ao desenvolvemento das enerxías renovables; analizar as políticas socioeconómicas que procuran o progreso e a prosperidade na transición enerxética; estudar o impacto da desmaterialización, do desacoplamento na realidade enerxética actual , en particular no desenvolvemento eólico, terrestre e mariño e analizar o modelo renovable e nomeadamente eólico en España e Galicia.