Ir o contido principal

A moda é un sector clave en Galicia e na UE, pero afronta grandes retos de sustentabilidade. Este curso ofrece unha visión integral da súa transición cara a economía circular, abordando os seus retos, as estratexias e políticas, así como o papel dos modelos de negocio e iniciativas sociais e das novas tecnoloxías. A través de sesións teóricas e prácticas, capacitarase ás persoas participantes para contribuír activamente á transformación efectiva do sector.