Este curso pretende profundar no coñecemento da Axenda 2030 e dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), que establecen unha visión transformadora cara a sostenibilidade económica, social e ambiental así como á interdependencia e á corresponsabilidade entre persoas e países como os seus piares fundamentais.
Dirección: Roberto López López
Secretaría: Rosa Quintas Losada
Lugar de celebración: Facultade de Filosofía da USC. Salón de Actos.
Web propia
PROGRAMA
Día 10
9:30 a 10:00
Entrega de material
10:00 a 10:30
Inauguración das Xornadas
10:30
O combate contra a desigualdade e a financiación para o desenvolvemento
José Antonio Alonso, catedrático de Economía Aplicada na Universidade Complutense de Madrid
12:00
Economía social e prosperidade económica
Francisco J. Sanjiao Otero, profesor titular de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela
16:00
A economía social como instrumento para a recuperación económica: medidas dinamizadoras propostas en Galicia
María Bastida Domínguez, profesora titular de Organización de Empresas na Universidade de Santiago de Compostela
17:30
Cine-forum: El 47. Dirección: Marcel Barrena. Guión: Marcel Barrena e Alberto Marini. España, 2024
Modera: Xosé Cuns Traba, director EAPN Galicia, Rede Europea contra a Pobreza e a Exclusión Social.
Día 11
10:00
O Traballo decente, fundamento para unha prosperidade compartida
Jorge Serrano Paradinas, director xeral da “Fundación para la Ciudadanía Global”
12:00
Desenvolvemento inclusivo e xénero
Eva Aguayo Lorenzo, profesora contratada doutora de Economía Cuantitativa na Universidade de Santiago de Compostela
Nélida Lamelas Castellanos, profesora contratada doutora de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela
16:00
Visita didáctica á Cooperativa Leiteira Pico Sacro en Lestedo (Boqueixón)
Día 12
10:00
Mesa redonda: Presentación de propostas de economía sostible como protectoras do medioambiente en Galicia e no Sur Global
Moderador: José Luis Pastoriza, experto en Cooperación ao Desenvolvemento
Relatores de propostas en Galicia: Alejandro Lajo, socio fundador de “Revertia”; Gonzalo Gesto Quiñoy, coordinador Galiza-Norte de “Fiare Banca Ética”; e José M. Durán Orús, presidente da “Asociación Nonéomesmo de producción orgánica local”
Relatores de propostas no Sur Global: Jesús Pérez Campos, “Economía social e solidaria en Marrocos: construíndo alternativas ao desenvolvemento”; Paula Garballo Ruíz, “Iniciativas innovadoras para o fortalecemento das economías rurais, con enfoque de xénero e economía circular en La Libertad (Perú)”
13:30
Clausura