Ir o contido principal

Os obxectivos do curso son: construír unha formación axeitada sobre os novos retos socio-políticos que implica o envellecemento e a intervención social e sanitaria; comprender a realidade do proceso de envellecemento en relación coa diversidade na actualidade; reflexionar sobre os retos e oportunidades que se poden desenvolver no eido do envellecemento activo e saudable; coñecer propostas de mellora nos recursos e programas de atención á diversidade dirixidos ás persoas maiores; e adquirir coñecementos axeitados para abordar a atención ás persoas maiores dende a innovación social.