Os obxectivos do curso son mergullar ao alumnado participante nunha realidade histórica e cultural fundamental para Galicia e Europa: o Camiño de Santiago; reflexionar sobre a presenza e participación da terceira idade na peregrinaxe xacobea; pensar nos factores que o Camiño ofrece para convidar aos máis maiores a afrontar esta aventura con convicción e seguridade; ofrecer os contidos do proxecto europeo “Caxato” como medidor dunha experiencia académica, investigadora, cultural e creativa que vencella Camiño de Santiago e Terceira Idade; poñer en contacto directo o público asistente ao curso con expertos nesta materia e con profesionais de renome que reflexionaron no seu traballo académico, investigador e creativo sobre estes temas; facilitar un espazo para o diálogo, o intercambio e o debate; inserir ao alumnado de IV ciclo na oferta da Universidade de Verán da USC cun curso de seu, mais aberto a participantes de fóra do programa formativo para maiores.
Dirección: Facultade de Ciencias da Educación, Campus Sur. Universidade de Santiago de Compostela
Secretaría: María González Blanco
PROGRAMA
DIA 12 de xuño de 2024
09:30 Entrega de documentación
10:00 Inauguración Participantes:
Mar Lorenzo, decana da Facultade de Ciencias da Educación.
María Esther Olveira, directora de IV Ciclo e codirectora do curso
10:30 conferencia inaugural
O Camiño como filosofía vital
Marcelino Agís, profesor da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Academia Xacobea.
11:00 conferencia
Os peregrinos máis maiores que chegan a Compostela
Ildefonso de la Campa Montenegro, director da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo da Xunta de Galicia.
12:00 Pausa
12:30 Conferencia
Camiños de ida e volta Europa e Compostela na arte románica
Victoriano Nodar Profesor de Historia da arte da Universidade de Vigo e profesor colaborador do IV CICLO da Universidade de Santiago de Compostela
16:30 Entrevista, proxección e debate
Camiño de Santiago, camiño de esperanza.
16:30-17:00 horas
Entrevista a Xosé Ramón Martínez, mestre, ex director do CEIP Pío XII de Santiago e autor do libro Camiño de Santiago, camiño de esperanza.
17:00-19:00 horas
Proxección da película The Way (EE.UU., 2010), dirixida por Emilio Estévez e protagonizada por Martin Sheen.
19:00-20:00 horas:
Debate sobre a película coa participación de Xosé Ramón Martínez e do alumnado.
Entrevistador e moderador: Xosé A. Neira Cruz, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e codirector deste curso de verán.
DIA 13 de xuño de 2024
9:30 Conferencia
Caxato: un proxecto da USC co Camiño e os adultos maiores como protagonistas
María Esther Olveira Olveira, profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, directora do IV Ciclo da USC e directora do Proxecto Caxato.
10:30 Conferencia
O desafío de crear: aprendendo a facer cinema no Camiño
Domingo Díaz Docampo, director de SOCIALDOCS-De Maior Crea
11:30 Pausa
12:00 Mesa redonda
Os participantes no proxecto Caxato presentan as súas pezas audiovisuais e contan a súa experiencia.
16:30 Obradoiro de creatividade
Nelly Fortes González e e Stefany Marian Sanabria Fernandes, doutorandas en Ciencias da Educación na Universidade de Santiago de Compostela, investigadoras do Grupo Terceira Xeración e membros do equipo do Proxecto Caxato.
DIA 14 de xuño de 2024
09:00 Conferencia
O Camiño de Santiago como proxecto de vida
Antón Pombo, doutor pola Universidade de Santiago de Compostela e Premio Internacional Aymerich Picaud de Xornalismo Divulgativo do Camiño de Santiago
10:15 Conferencia
Cultura, historias, arte e camiños de Santiago. Liderado en calquera momento da vida.
Dolores Barral Rivadulla. Profesora da Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Historia da Arte.
11:30 Pausa
12:00 Mesa redonda
Emprendedores/as da Terceira Idade
Joseph Torguet (INRJ), Antón Pombo Rodríguez (Escritor e promotor da iniciativa turística na fin do Camiño, ‘A Casa da Balea’) e Manolo Gómez (Socialdocs-De Maior Crea)
Moderadora: Silvana Longueira Matos, profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e membro do proxecto ‘Caxato’.
16:30 Conferencia
A sustentabilidade no Camiño. Retos, oportunidades e responsabilidades compartidas
Silvana Longueira Matos, profesora da Facultade de Ciencias da Educación.
17:30 Sesión de narración oral
Contos de vellos e camiños
Celso Fernández Sanmartín, poeta e contacontos, traballou durante dez anos na residencia de maiores de Lalín.
18:30 Pausa
19:00 Conclusións do curso
María Esther Olveira e Xosé A. Neira Cruz, directores do curso de verán.
19:30 Clausura do curso