Este curso ofrece unha formación esencial en educación financeira para mellorar a toma de decisións económicas no ámbito persoal, familiar e laboral. A través da aprendizaxe de conceptos clave como aforro, investimento, planificación financeira e uso de produtos financeiros, as persoas participantes adquirirán habilidades para xestionar eficazmente os seus recursos. Ademais, foméntase a independencia económica e a alfabetización dixital en finanzas, contribuíndo ao benestar e estabilidade financeira. O curso está concibido para todo público e busca pechar a brecha de coñecemento financeiro e empoderar ás persoas asistentes con ferramentas prácticas.
Dirección: Loreto Fernández Fernández y Sara Fernández López
Secretaría: Lucía Rey Ares
Lugar de celebración: Salón de Graos, Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Universidade de Santiago de Compostela
Web propia
PROGRAMA
Día 23
9:30 a 11:30
Inauguración do curso
Conferencia inauguración sobre a necesidade de adquirir educación financeira para a vida persoal e laboral. Begoña Torre, Fundación Santander Finance (SANFI).
Presentación da estrutura e contidos do curso
Loreto Fernández Fernández, Profesora titular de economía financeira e contabilidade. USC. Co-directora
Sara Fernández López, Catedrática de economía financeira e contabilidade. USC. Co-directora
BLOQUE I: CONCEPTOS E PRINCIPIOS FINANCEIROS BÁSICOS
12:00 a 14:00
Fundamentos matemáticos de finanzas
Sara Fernández López, Catedrática de economía financeira e contabilidade. USC
15:30 a 17:00
O risco das operacións financeiras
Sara Fernández López, Catedrática de economía financeira e contabilidade. USC
Marcos Álvarez Espiño, Investigador posdoutoral de economía financeira e contabilidade. USC
17:00 a 18:30
As dúas caras das transaccións financeiras e nesgos cognitivos
Sara Fernández López, Catedrática de economía financeira e contabilidade. USC
Marcos Álvarez Espiño, Investigador pos-doutoral de economía financeira e contabilidade. USC
Día 24
BLOQUE II: SISTEMA FINANCEIRO (I): PRODUTOS DE AFORRO E INVESTIMENTO
9:30 a 11:30
Marco xeral das finanzas: o sistema financeiro
Loreto Fernández Fernández, Profesora titular de economía financeira e contabilidade. USC
12:00 a 14:00
Produtos de aforro e investimento tradicionais
Lucía Rey Ares, Profesora permanente laboral de economía financeira e contabilidade. USC
Marcos Álvarez Espiño, Investigador pos-doutoral de economía financeira e contabilidade. USC
15:30 a 17:00
Investimento alternativo (I). Sustentabilidade no propósito das finanzas: Banca ética para as finanzas sostibles
Susana Cabada, Directora de banca reatil de Triodos Bank
17:00 a 18:30
Investimento alternativo (II). Os criptomercados e criptoactivos: mitos e realidades
Pablo López Gutiérrez, Emprendedor e Blockchain Solutions Architect
Día 25
BLOQUE III: SISTEMA FINANCEIRO (II): PRODUTOS DE DÉBEDA
9:30 a 11:30
O endebedamento ‘intelixente’
María Teresa Fernández Rodríguez, Profesora contratada doutora de economía financeira e contabilidade. UdC
Ernesto López-Valeiras Sampedro, Profesor titular de economía financeira e contabilidade. UVigo
12:00 a 14:00
Todo sobre hipotecas
María Teresa Fernández Rodríguez, Profesora contratada doutora de economía financeira e contabilidade. UdC
Ernesto López-Valeiras Sampedro, Profesor titular de economía financeira e contabilidade. UVigo
15:30 a 17:00
Finanzas no contexto laboral
Xavier Martínez Cobas, Profesor titular de economía financeira e contabilidade. UVigo
17:00 a 18:30
Planificación financeira e ciclo de vida
Dositeo Amoedo, Presidente da ‘Asociación de Educadores y Planificadores Financieros’
Día 26
BLOQUE IV: SEGURIDADE EN FINANZAS NA ERA DIXITAL. O QUE ESTÁ POR VIR
9:30 a 11:30
Plan de cobertura de riscos: Deseño dun programa de seguros para transferir os riscos e protexer o patrimonio
Adolfo Campos Carballo, Director da ‘Fundación Instituto Atlántico del Seguro’
12:00 a 14:00
Novas tecnoloxías e finanzas: O impacto das novas tecnoloxías no mundo financeiro
José Berbel, Profesor axudante doutor de economía financeira e contabilidade. UV e EDEM
15:30 a 17:00
Riscos financeiros na era dixital: Os retos da transformación dixital e a IA nas contornas financeiras virtuais
Lucía Rey Ares, Profesora permanente laboral de economía financeira e contabilidade. USC
17:00 a 18:30
Clausura